A escaseza de igualdade de oportunidades e a desigualdade de xénero son situacións que se dan en tódolos países; a pobreza, a exclusión e a marxinalidade, as súas causas máis visibles. Malia todo, é nos países en vías de desenvolvemento onde esta desigualdade é máis patente e onde se fai necesario redobrar esforzos para conseguir a consecución dos dereitos máis fundamentais do ser humano.
Dende diversos organismos internacionais e institucións locais estanse poñendo en marcha numerosas accións, que pretenden fomentar esa igualdade de dereitos entre tódolos habitantes do planeta. Unha das máis importantes, polo compromiso que implica de tódolos Estados que a firmaron, é a Declaración do Milenio (ano 2000), na que se propoñen oito metas a conseguir no 2015 para reducir esta desigualdade: os oito Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio.
Dende Mundo Cooperante, facemos a nosa particular aportación sensibilizando á población sobre as desigualdades existentes nos países en vías de desenvolvemento, facendo especial fincapé na desigualdade social e na de xénero. O proxecto “Desigualdades” é o exemplo visible desta acción educativa. Por medio del tentamos facer ver á poboación galega en particular e á sociedade española en xeral, a enorme necesidade que existe en que todos nos impliquemos na loita pola igualdade. |